II TORNEO ESCOLAR RAMIRO SABELL

 
O próximo 23 de Maio O Club de Xadrez Ramiro Sabell organiza un Torneo de Xadrez que se celebrará no Pavellón del CEIP M. Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas. Podese anotar todos aqueles nenos que o desexen co único requisito de estar comprendidos na franxa de idades. É o II Torneo de Xadrez Ramiro Sabell celebrado neste Colexio, pero o primeiro que se inclue no Circuito Galego de Promoción Escolar.
 
Aproveito para dar as grazas a todos os que o fixestedes posible. Colaboradores, Patrocinadores, organizadores, os pais e nais, ó Colexio que nos facilita as instalacións, ó Concello que nos facilita o mobiliario restante e Trofeos, a Federación que nos presta os taboleiros e reloxos, a entrenadora do Club Yudania e como non os mais importantes, os nenos e nenas que participan nos Torneos.
 
Pa rematar desde a Executiva do Club so nos queda pedirvos a todos vos que lles deades a máxima difusión para que todo aquel que queira participar o faga. É un Torneo que se celebra en Ponteareas por primeira vez na historia da Vila. É unha oportunidade para que os nosos nenos pasen un día facendo unha das cousas que máis lles gusta. "" XOGAR O XADREZ"". Vos esperamos.
Saudos
Club Xadrez Ramiro Sabell
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario