REVÁLIDA  SI   OU   REVÁLIDA  NON ?

Se a reválida non vai constar no expediente do meu fillo porque din que, este curso, “os resultados desta avaliación  terán carácter informativo e orientador”  e que polo tanto “non van constar no expediente académico” do meu fillo,... 

- ¿por qué me vou preocupar?
- ¡Que a faga, que así os mestres póñense en evidencia!
- Isto fanno para controlar os mestres, non ten que ver cos nenos.
- ¡O meu fillo aproba seguro!...¡así todos verán o bo estudante que é!


Se  es unha desas persoas que pensa que non se hai porque preocupar, xa que a reválida é unha proba para controlar se os mestres están cumprindo cuns determinados obxectivos ou se quizais non te preocupe esta “avaliación individualizada” porque o teu fillo ten unhas excelentes notas...Deberías ter en conta certos aspectos da Lomce e das súas reválidas que van afectar a teu fillo/a:

·        Ten 8 anos e vaise someter a mesma tensión que se someten mozos/as cando se examinan do Selectivo (proba que se fai para cribar e limitar o acceso os Estudos Superiores). A diferenza está en que no selectivo teñen case 10 anos mais co teu fillo/a.
·        O  teu fillo/a  vai ser examinado de competencia en comunicación lingüística e matemática, no caso de Comunidades con lingua propia coma Galicia tamén examinarase de competencia en comunicación  lingüística en Galego, é dicir, vaise examinar, de comprensión de lingua Castelá, lingua Galega e de matemáticas...

¿E qué pasa co resto das materias que está a impartir? ¿Qué acontece con Inglés, Ciencias Naturais, Sociais, Educación artística ou Educación Física?

O que vai pasar e xa está pasando e que os nenos/as de 3º de Primaria terán que deixar de dar o seu temario, xa grande de mais coa Lomce, para preparar estas probas de avaliación. E despois para rematar o temario terán que ir a marchas forzadas ou
ben non rematar o temario. Se o teu fillo/a é un neno/a afortunado, dos que teñen moi boas notas, estará un pouco agobiado/a e cun pouco de esforzo sacará adiante o que resta de temario. Pero, ¿qué acontece se o teu fillo/a ten algunha dificultade? Pois con probabilidade non só estará moi agobiado/a se non que a dificultade para sacar o temario será moito maior, que se ese tempo o adicasen as materias e non a preparar esta proba de avaliación.¿e conseguirá quitalo temario ou ben esta avaliación suporá a pedra definitiva para quedar no camiño?
·        Esta é unha proba que non vai ser realizada polo seu titor/a, se non por “persoal externo”, este ano serán outros mestres do Colexio pero que non lle dan clase desas materias ou nin sequera lle dan clase o teu fillo/a, que como lembras só ten 8 anos.
·        A Administración dinnos que esta é unha proba que:
Ø Faise para poder detectar posibles problemas que teña o teu fillo/a. ¿Que acontece coa AVALIACIÓN CONTINUA? Os mestres,do Colexio do teu fillo/a, reúnense constantemente para coñecer a evolución dos nenos/as e poder tomar as medidas necesarias; tales como traballar coa profesora de apoio ou recomendar os pais/nais pautas que axuden os seus fillos/as a logralos Obxectivos marcados. Se o teu fillo/a ten problemas probablemente xa este traballando co profesor/a de apoio  (PT  ou AL), SE NON O FAI SEGURO QUE É POR FALTA DE RECURSOS NO CENTRO.  ¿Sabes que os mestres de apoio establécense por o número de alumnos que ten o Centro e non polas necesidades reais do mesmo, quedando os nenos/as  con “problemas menores” sen esta atención ou cunha atención menos constante? Se isto acontece non é  porque os mestres, do Colexio do teu fillo/a, non o queiran atender se non porque a Administración  non ofrece recursos dabondo (=mestres de apoio). Estamos en época de recortes e os recortes en Educación son evidentes.

Ø Serve para informarvos as familias dos resultados obtidos polo teu fillo/a. No Centro do teu fillo/a están establecidos dende antes da Lomce varios xeitos de informar as familias:
o   Trimestralmente recibes as notas de avaliación do teu fillo/a, no que se vos informa de como van as materias que cursa, aproba ou non, e  consellos coma “debes esforzarte mais”, “estalo a facer cada vez mellor” ou “tes que ler un pouco cada día”...ou outro tipo de recomendacións ou informacións para os vosos fillos/as e para as vos os pais/nais.
o   Unha vez a semana hai Titorías persoais onde por iniciativa da  familia ou ben por ser convocados polo titor/a do voso fillo/a váisevos informar  da marcha do curso do voso fillo/a.
o   Se acontece algunha cousa que o mestre/a considere que merece por en voso coñecemento para lograr un maior rendemento do voso fillo/a farávolo saber; mandando unha nota na axenda do voso fillo/, convocándoos a unha Titoría  ou a unha reunión conxunta co  titor/a  e o/a orientador/a do centro...
Ø Permite adoptar as medidas ordinarias ou extraordinarias mais adecuadas de resultar desfavorable esta avaliación.
Articulo 20 punto 2 da LOMCE “El alumno o alumna accederá al curso o etapa siguiente siempre que se considere que ha logrado los objetivos y ha alcanzado el grado de adquisición de las competencias correspondientes. De no ser así, podrá repetir solo una vez durante la etapa, con un plan específico de refuerzo o recuperación.Se atenderá especialmente a los resultados de la evaluación individualizada al finalizar el tercer curso de Educación Primaria y de final de Educación Primaria.

·        Según a Administración non é para establecer categorías entre os nenos/as (clases  de listos e clases dos menos avanzados)  nin para establecer rankings de Centros formando guetos; mais no Artigo 144 punto 2 da LOMCE dí: “El Gobierno establecerá las bases para la utilización y acceso público de los resultados de las evaluaciones” polo que os centros serán clasificados según o resultado que obteñan nestas “avaliacións”…
Un centro que obteña uns resultados pouco favorables en vez de darlle mais recursos tanto humáns (máis mestres de apoio) coma presupuestários, limítanse os fámosos “Plan de Mellora” os cales constarán de adaptación na forma de impartir o curriculum e facendo desdobres de aula nas asignaturas troncais, para as cales fan falta eses mestres de apoio case inexistentes grazas os RECORTES. Polo tanto o noso parecer van a seguir na mesma situación.. a administración deixa toda a responsabilidade o Centro sen eles facer nada. Isto vai perxudicar o teu fillo/a se ten problemas porque non haberá medios suficientes para darlle toda a axuda que precisa  e se non ten problemas  a falta de recursos pode limitar a súa formación.
Ante esta competencia que se vai establecer  entre Centros polos recursos os mais prexudicados sempre van ser os nenos/as e sobre todo os nenos/as con maiores dificultades que quedarán pouco a pouco dados de lado.
Esta “avaliación individualizada” de 3º de Primaria é a antesala das si ben chamadas  Reválidas, que os nosos/as fillos/as atoparán na ESO e no BACHILLER.
Nas cales aínda que durante todos os cursos teñan unha media de Sobresaliente, se teñen un mal día e suspenden a Reválida, non conseguen o Título.


Por todo isto e por moitas razóns mais dicimos NON A LOMCE   e   NON   AS REVÁLIDAS DA LOMCE.

En sinal de protesta invitamos a tódolos pais e nais a non levar os fillos a clase os días 27 e 28 de Maio.

Pensamos que debe ser apoiado por tódolos cursos, sexan ou non de 3º xa que antes ou despois todos pasarán polas distintas reválidas :
·      3º de Primaria
·       6º de Primaria
·       4º da ESO
·      2º de BACHILLER





No hay comentarios:

Publicar un comentario