II DESFILE RAMIRO SABELL

O auditorio de Ponteareas no 2º desfile de moda do Ramiro Sabell celebrado o pasado sabado 14 de Marzo e organizado pola ANPA A Pena do Equilibrio, acolleu entre espectadores e participantes preto de 500 persoas das cales mais dun cento de rapaces fixéronse protagonistas do esceario e desenvolvendose como autenticas estrelas, recibiron dun público moi entregado ovación tras ovación.

Os diversos comercios de Ponteareas fixeron exhibición das súas tendencias nos diferentes pases, mesturando tamén números musicais e unha actuación de sombras chinesas por parte dos ex-alumnos do colexio Ramiro Sabell que lles serviu para homenaxear a súa ex-profesora Lucía nun emotivo momento.

Abrir aquí un grande paréntesis para dar cabida a tódolos colaboradores  que obrigatoriamente deben de ser nomeados xa que sen eles este evento non se podería ter levado a cabo:
ATELIER, ATMOSFERA , BARRIGUIÑAS, CALCETA,  CASA DAS ROSAS, CDM,  CONCELLO DE PONTEAREAS , FAMILY COMPANY, FOTO SOUTO, LAS CHUCHES DE CANDELA, LOOP DISCOMOVIL, MARIA ANTONIETA, PONTEAREAS COMERCIAL,  VALENTINA, VOA VOA XOANIÑA E XAORA.

Pola nosa banda nada máis que agradecer tamén os pais colaboradores e ós asistentes a súa presenza e convidalos para o vindeiro desfile do próximo curso.

Un saúdo.
ANPA A Pena do Equilibrio.

Xa tedes disponibles as fotos na paxina de Foto Souto no seguinte enlace



No hay comentarios:

Publicar un comentario