III XEIRA MICOLÓXICA


O descoñecido reino dos fungos viu a luz na III Xeira micoloxica celebrada no centro do Ramiro Sabell. Desta volta a exposición pasou ó domingo por mor da climatoloxía e  a disposición dos nosos expertos que nestas datas teñen moitas xeiras nas que colaborar.

Por iso agradecemos a dirección do centro as facilidades para facer esta xeira no domingo asi como a guia dos nosos expertos que atenderon gratamente as inquedanzas dos mais cativos nas diferentes cuestions.
A climatoloxia xa nos fixera variar a data da saida co cal e en previsión de atopar pouca diversidade, xa se fixera acopio de especies interesantes que seguramente doutro xeito non se poderían amosar.

Con todo isto optamos por ter primeiro un pequeno coloquio en base a micoloxia por cargo de Roberto Mera mentres agardabamos a que a choiva nos dese unha tregua para sair, cousa que fixo durante hora e media que se aproveitou para percorrer  o exterior do centro na procura dos ansiados cogumelos onde os rapaces, foron os principais protagonistas, atopando e recollendo mostras varias para a súa exhibición posterior.

De volta no centro e coa colaboración de Fructuoso, Roberto e Xaime Zuñiga fíxose unha escolma dos exemplares mais interesantes e de mais calidade, xa que había un pouco de todo debido as incesantes choivas destas semans.

Para todos aqueles que disfrutaron con nós esta saída a natureza, agradecerlle a súa participación, e aqueles que non puideron asistir esperemos que disfruten coa exposición que teñen oportunidade de visitar no propio colexio.

Un saúdo
ANPA  Pena do equilibrio