Excursión Anpa Pena do Equilibrio - Setembro 2014

PROGRAMA " COÑECE A TUA PROVINCIA" - Deputacion

Ola a todos

A Anpa informa, para todos aqueles que vos queirades anotar, que un ano mais imos participar no programa da Deputación "Coñece a túa provincia".

A data preferente de realización é:
                    día: Sábado
                    Mes: Setembro.

O prezo é de 12€ adultos e 8€ menores de ata 9 anos acompañados dos seus pais ou titores.

No prezo se inclue:
     * Transporte.
     * Guía habilitada como guía de turismo especializado de Galicia.
     * Técnico titulado pola federación galega de piragüismo e Surf
     * Seguro de viaxe
     * Comida cun menú que inclua primeiro, segundo, sobremesa, bebidas e café.
     * Botella de auga mineral e aperitivo en todas as rutas previstas para merendar.
     * Obsequio dunha pañoleta co logotipo da Deputación.
     * Equipamento para a realización das actividades:
             * Kayak......kayak + palas + chaleco
         
             * Surf..........traxe + taboa + invento


Este ano as rutas solicitadas para facer a Excursión por orden de preferencia son:
* Xuventude no mar (kayak ou Surf nas praias de Patos e da Madorra), Nigrán, Baiona.
* Xuventude no mar II (Kayak na ría de Aldán), visita ós cantís da costa de Soavela, paseo por cabo Udra.
* Redondela: conxunto histórico, Camiño de Santiago, praia e porto de Cesantes, illa de San Simón.

As Prazas son limitadas.
Anotadevos canto antes.

Lembrade para anotarvos tendes que facilitar o voso nome completo con DNI e un número teléfono e no caso de menores especificade a data de nacemento.

E se algún ten algunha intolerancia alimentaria tendes que comunicalo.

Un Saúdo
Anpa

No hay comentarios:

Publicar un comentario