Alfombra Corpus 2014





Unha seman,  acordamos dende a Anpa, que sería un espazo máis que abondo para darlle tempo o  concello a fomalizar unha desculpa coa nosa asociación tra-los feitos acaecidos no Corpus. Agardabamos que o representante de cultura do Concello, Andrés Sampedro tivera a decencia de da-la faciana, e asumir os seus erros de previsión, organización e incapacidade para asumir o liderazgo no máximo exponente da cultura pontareana, a noite do corpus.
Relato dos feitos:
Nós como alfombristas que somos (xa levamos varios anos de elaboración floral) temos varios privilexios que Andrés Sampedro se pasa polo forro, entre elas está a de asistir as reunións de alfombristas que sempre se celebran antes do corpus á cal este ano non fomos convidados.
Reclamandolle esta situación, dixeronos que lle faltaban datos para poñerse en contacto, entregamos documentos pero soubemos que mantiveron outra reunión a que tampouco fomos convidados(entre outros). Sabemos que este ano a representación floral vai a Roma e ainda sen ter certeza imaxinamos quenes van. Non digo que non o merezan digo que o secretismo que envolve esta elección está a altura do segredo de Roswell. Pasou algo, pero ninguén o sabe. O despropósito continúa cando se nos cita as 17 horas no lugar da alfombra para indicarnos cal é a zona reservada para nós. Imos buscalos materiais e cal e a nosa sorpresa que o voltar temos outros alfombristas trazando o seu debuxo no noso chan. Chamada tras chamada e xa tomando as nosas propias decisións consideramos invertir o lugar planificado con Pontesolidario que en ningún momento foron advertidos do seu erro de colocación.
Isto que vou a relatar foi veridico e non solo nos aconteceu a nos tamén lle pasou a tódalas rúas de alfombristas que contaban coa iluminación "low cost" que Andrés Sampedro trouxo para mal alumear a noite do Corpus.
A nosa rúa a diferencia de outras, non contaba con potentes focos, só con dúas ringleiras de bombillas que co paso das horas ibanse facendo cada vez mais insuficientes. A choiva fixo acto de presencia e o festival de estoupidos e cristais rotos foi lamentable, as bombillas esnaquizabanse e saltaban polo aire en plena confección de alfombra. A estampa era grotesca, nun tramo de 150 metros deberon de estoupar 30 bombillas en 10 min co conseguinte risco para os nenos e non tan nenos que ali estabamos a traballar. Iso foi o colmo case que 300 persoas nenos incluidos escapando para as beirarúas ou algún portal aberto por mor das luces de Sampedro.
Se ben isto non foi abondo, Andrés Sampedro ven de verter no faro do mercores dia 25 información totalmente falsa sobre o que foi a grande loita da anpa este ano: o comedor, onde di que é o concello o que levou a cabo a súa xestión. Nada máis lonxe da realidade, a Anpa foi quen de forma unilateral e íntegra xestionou o comedor, buscando o catering mais económico e aboando as súas facturas, aportando material, moviliario, man de obra, nais voluntarias a cargo dos nenos, xestionando os comensais diarios que acudian o noso comedor, pasando recibos, reclamandolle o concello as melloras básicas, etc...
Creemos que ésta é unha maniobra orquestada co fin de querer quedarse con galóns que non lle corresponden nin a Sampedro nin o Concello. Sabemos que os poderes politicos convirten os xornais en meros catecismos ilustrados e cal Papa de Roma escreben a súa vontade.
Por todo isto coidamos que Andrés Sampedro non é a persoa adecuada para seguir o frente como concelleiro de cultura en Ponteareas e pedimos dende esta asociación, Anpa a pena do equilibrio do ceip Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas a súa sustitución en breve por alguén mais válido o cargo.
Atentamente:
Anpa a pena do equilibrio.

PD: a día de hoxe o concello de Ponteareas aínda mantén unha débeda con nós polo impago de anteriores alfombras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario