Novo comedor escolar


Como era ben sabido, onte día 9 de xaneiro, tivo lugar a primeira comida escolar na antiga casa do conserxe. Lugar no que acometeron as melloras pertinentes para que este servizo se poidese levar acabo. Entre estas melloras salientar o pintado, novo teito ou a instalación de calefación.Por parte da ANPA colocouse o mobiliario ,levouse a cabo unha limpeza exhaustiva e a aportación de material de lecer para os nenos.  Si ben ainda quedan alguns detalles como barandilla ou cuberta exterior para finiquitar as obras pendientes do concello.


Os nenos veñen a esta instalación coa ilusión de asistir o "novo comedor". Un lugar donde os pais poden inscribir os nenos sen preocuparse de se teñen ou non praza ,se fixeron ou non solicitude e como posible solución ante calquer imprevisto. Tamén se estuda a creación dun novo servicio de actividades con novas aulas de apoio o estudo e aulas de reforzo o remate do servizo de comedor.
Como tamén ben sendo habitual as malas novas persiguennos dende o concello o entender éstes que os alumnos en risco de exclusión social que o propio concello pretendía incorporar ó comedor non poderán facer uso do mesmo.
Estes nen@s veranse abocados a recoller no cole a comida e levala para a casa sen poder facer uso e disfrute do "novo comedor".
Vémonos nunha grotesca situación onde nun colexio no que hai doús comedores escolares e por motivos descoñecidos o concello mandaos para a casa a comerde "Tupper"".
Esperamos que isto sexa un erro e esta situación esté correxida nas vindeiras datas



No hay comentarios:

Publicar un comentario