Reunión con PONTE SOLIDARIO

A executiva da asociación de Nais e Pais  a Anpa Pena do Equilibrio, mantiña esta noite unha reunión cun representante da asociación Pontesolidario.
Asistían por parte de Ponte Solidario Iago Rodríguez e escusaba a presenza do presidente Manuel Ucha  , por parte da asociación o presidente David Romero e varios membros da executiva, que  informaban da situación na que se encontran os 41 nenos afectados sen comedor.
Ponte Solidario recollía o problema que a Consellería de Educación mantén aberto coa redución de prazas de comedor , informando dito portavoz que o trasladara o resto da asociación para tratalo na vindeira asemblea e posicionarse publicamente.
A Anpa segue traballando a reo en prol das familias afectadas, trasmitindo o problema a toda a sociedade de Ponteareas, para que esta sexa testigo da gran inxustiza que se esta levando a cabo no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera.
Non haberá tregua, sen descartar a vía do dialogo que esta aberta, a Anpa segue adiante coa Comida do xoves en Santiago de Compostela diante da presidencia da Xunta de Galicia, e tamén a do venres día 8 diante do propio Concello de Ponteareas.
A ANPA recórdalle a Consellería do PP que as protestas e actos reivindicativos remataran o mesmo dia no que se admitan o comedor os 41 nenos excluídos.
A asociación tamén espera e desexa que na comida en Santiago de Compostela, tanto o PP coma a propia administración faciliten dito acto reivindicativo, recordando que o PP de Ponteareas decidiu apoiar o problema do comedor escolar votando a favor da moción presentada polo BNG, así como o resto dos grupos políticos con representación.

A ANPA agradece de antemán o trato que esta a recibir de tódalas asociacións e partidos políticos que se esta preocupando por que os 41 nenos afectados poidan finalmente acceder o comedor escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario