QUINTA COMIDA, DIANTE DO CONCELLO

A ANPA A Pena do Equilibrio do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, levou a cabo a quinta comida en protesta e solidariedade dos 41 nenos afectados sen praza de comedor. Unha vez mais firmes nas súas posturas, reivindican que a Xunta do PP asuma as prazas en lista de espera. Así e todo, a Anpa xa ten organizado o viaxe a Santiago de Compostela, onde viaxaran en autobús fretado o 50% pola propia Anpa e o resto a cargo dos propios país e nais, o vindeiro dia 31 de outubro, onde sairán as 10 da maña dende a Estación de Autobuses. Esta iniciativa de protesta, foi comunicada o resto de Anpas de Galicia onde se lles invitou a estar presentes, xa que dita protesta consiste en comer diante da Presidencia da Xunta de Galicia na rúa S. Caetano. Hoxe novamente apoiaron a reivindicación a FANPO coa presenza de Manuel Gregores, e tamén do BNG, Pepe Represas e Cristina Fernández. No dia de onte a ANPA secundaba o dia de folga cuns carteis anunciando cuns carteis de “Se Vende Comedor” razón Partido Popular, dita acción non gustou e a primeira hora, alguén próximo o PP encargábase de retiralos, como nos tempos do FRANQUISMO. Logo xa pola tarde a ANPA participou na manifestación convocada pola FANPO onde un grupo de nenos portaron unha pancarta propia onde se podía ler “ COMEDOR PARA TODOS”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario