Pais en Bici para solicitar comedor para todos.

Dous dos intregrantes  pasando Castelo Soutomaior
As 9 da maña partían cara Pontevedra varios integrantes da executiva da Anpa así como algún pai acompañando, baixo o lema “Únete a volta e comedor para todos” a asociación demostra co primeiro slogan onde o PP  gasta os cartos públicos.Na saída no Concello de Ponteareas foron acompañados dando ánimos un grupo de nais e tamén o portavoz do BNG, Pepe Represas.
Durante todo o percorrido non houbo tregua por parte do tempo, choiva e mais choiva, que calaron ata os osos
Logo de 43 km as 11:30 horas chegan a Pontevedra, con tempo suficiente para cambiarse e dirixirse a consellería.
Como anécdota, na entrada o pasar os controles de seguridade os porteiros preguntan si son os integrantes dunha protesta que veñen en bicicleta, feito que os levou a identificalos antes de subir o edificio administrativo.
Durante a entrevista co xefe Territorial  entregóuselle un total de 75 pliegos de firmas un total de 1125 firmas en prol de que a Consellería de Educación asuma a totalidade da lista de espera,un total de 41 nenos.
 As firmas foron entregadas o Sr. Cesar Pérez Ares, como Xefe Territorial e na reunión tamén estibo o Sr.Andrés Sampedro como concelleiro de Educación de Ponteareas, que apareceu alí no seu vehículo propio.
Son varias as declaracións os medios por parte dos responsables da Conselleira e tamén dende Alcaldía, e ante estas declaracións manifestamos que a Consellería de Educación fixo un estudio cos datos do ano 2011 e non cos datos do presente curso, polo que é a propia
Chegada os edificios administrativos con choiva.
Consellería de Educación a que comete o erro, e ante as alegacións presentadas durante o traspaso do comedor a Consellería omitiu resposta, polo que o problema e unicamente dos responsables de dita Consellería.
A reivindicacións da Anpa seguen sendo as mesmas, que a administración asuma o propio erro e de entrada o comedor os 41 nenos en lista de espera, a non ser que esta sexa a nova política de recortes que o PP puxo en marcha en Ponteareas.
A mobilización continua hoxe as 18:00 cunha reunión extraordinaria, onde se marcará un novo calendario de actuacións que poderán ser anuladas se finalmente a consellería da unha solución o problema.
Como medida de presión o pleno de hoxe  as 20:00 horas, asistiran algúns membros da asociación para recordar que o problema aínda non esta resolto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario