CONCENTRACIÓN COMEDOR PARA TODOS XA

 CONCENTRACIÓN
COMEDOR PARA TODOS XA
VENRES 11 A PARTIR  14:30 DIANTE DO CONCELLO

A Anpa a Pena do Equilibrio fai un chamamento a comunidade educativa de Ponteareas a mobilizarse unha vez mais este venres  a partir das 14:30 diante do edificio do concello de Ponteareas. Agora e mais que nunca debemos alzar as nosas voces para denunciar o déficit de prazas de comedor non só no CEIP Mestre Ramiro Sabell, si non en todo o concello e inclusive en toda comarca, lembrade que desde que o colexio Ramiro Sabell oferta servizo de comedor viu incrementado o número de alumnos de 240 a 416 alumnos que posúe a día de hoxe , chegando inclusive a ter solicitudes desde  concellos como Mondariz e a Cañiza, co cal non só Ponteareas padece de esta carencia si non toda a comarca de Condado e Paradanta.
Agora e mais que nunca tiña que estar implantado o servizo de comedor en todos os centros educativos, xa que como consecuencia da crise e a destrución de emprego derivada desta, as nais e país en situación de desemprego vense na obriga de de desprazarse de cada vez mais lonxe para buscar traballo e non podemos esquecernos de que o gran crecemento poboacional de Ponteareas foi debido a xente que viu de outros concellos, polo que viven lonxe das súas familias o que dificulta aínda mais conciliación laboral- familiar.
No podemos seguir tolerando os recortes , xa que o comedor escolar e un servizo imprescindible para a conciliación da vida familiar coa laboral, o déficit de prazas de comedor condúcenos  a un gran retroceso social achegándonos cada vez mais aos  tempos de antaño onde un dos cabezas de familia víase obrigado a abandoar a vida laboral para adicarse o coidado dos fillos  e do fogar, come ven sabedes a gran afectada nunha gran porcentaxe  nestas situación e a muller, xa  bastante discriminada pola sociedade, o rexistrarse na muller a maior taxa de precariedade laboral, salarios mais baixos e o vivir nunha sociedade machista.

Desde  executiva da Anpa queremos convidarvos a participar activamente no acto de protesta do venres día 11 de outubro, e así o vindeiro martes levar a educación de Pontevedra a mensaxe de aqueles que defendemos a obrigatoriedade de universalizar o servizo de  comedor escolar nos centros educativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario