CUARTA PROPESTA, “O CALOR DO CONCELLO DE PONTEAREAS”

A Asociación de nais e país A Pena do Equilibrio fai un balance da cuarta xornada de protesta como un éxito a comida de hoxe.Tendo en conta de que o dia non acompañou polas fortes choivas optouse finalmente organizar a comida dentro do propio concello, feito que o final foi así.
A asociación pide desculpas os traballadores do concello polas molestias creadas, e tamén piden a comprensión do problema que neste momento  ninguén quere resolver.
A asociación desminte o comunicado do propio delegado de Educación, onde dicía que o pasado martes so comeran 50 prazas, algo que se comprobou na propia dirección do centro e non e así, coa aportación dun certificado do director e máximo responsable do comedor no centro.
A asociación xa marcou un novo calendario de accións reivindicativas como é asistir a manifestación do dia 24, folga no ensino, coa súa propia pancarta de Comedor Para todos, solución xa.
A asociación marca unha seguinte acción no ámbito Galego, onde pediran a colaboración de outras asociacións de ANPAS con problemas de comedor moi similares o entender que este é un problema global dentro de Galiza, e que a Xunta  non quere resolver.
Destacar que na intervención do martes no pleno de Ponteareaso polo presidente da ANPA, foi significativa xa que hoxe grupos como o PSOE finalmente apoiou a protesta coa presenza da súa portavoz de educación Chus Garrote.
Agradecen as iniciativas do BNG o presentar a moción de comedores no pleno do pasado martes, e os grupos que fixeron aportacións novas como foi o caso de PSOE e ACIP, e tamén que dita moción fose aprobada por toda a corporación.
Agradecementos a presenza de Manuel Gregores en representación da FANPO e finalmente a  Pepe Represas,  Cristina Fernández pola parte do BNG.
Agradecese tamén a presenza das persoas que estiveron en nome de partidos sen representación (NOS-UP, IU) e de diversos colectivos varios.
A Mobilización continua, e nos vindeiros días remitiranse a novas accións reivindicativas a todos os medios, nais e país, remarcando novamente que “ a pelota neste momento esta no tellado do PP”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario