UNHA VEZ MAIS OS USUARIOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN VÍTIMAS DA INCAPACIDADE DO GOBERNO LOCAL


Como xa e de costume e non podía ser menos os usuarios das escolas deportivas que a deputación imparte en Ponteareas son vítimas da falta de organización que amosa a concellería de deporte deste concello.
Un ano mais os futuros Judokas de Ponteareas quedaron abraiados cando no dia do mércores 3 de outubro, na hora na que se ven impartindo o Judo, a empresa INSDEGA  concesionaria de explotar as instalacións deportivas municipais negáballe o acceso o pavillón Álvaro Pino os alumnos de Judo, argumentando que estaba ocupado con outra actividade e da escola de Balonmán aínda non se sabe nada, todos os organismos tiran o balón fora e a día de hoxe no colexio nº3 descoñecese onde e cando se imparte esta actividade.
A Anpa Do colexio Mestre Ramiro Sabell Mosquera facéndose eco das queixas das nais e pais, en representación destes  presentou vía rexistro unha reclamación o concelleiro de deportes Alberto Novoa, e que aclare cal e a realidade do sucedido, e que dea unha rápida solución as nenas e nenos do Judo e Balonmán.
Unha vez mais as escolas deportivas volven estar no centro da polémica, un ano despois de que varias nais e pais de alumnos do colexio nº3 informaran a executiva da Anpa de que as escolas deportivas de fútbol que a pesar de estar anunciadas como gratuítas os clubs estábanlle cobrando.
Desde a Anpa lamentan que a dia de hoxe e pese a que algunhas das escolas deportivas comezaron xa a funcionar, e tendo en conta que o igual que todos os anos desde a executiva da Anpa vense reclamando que faciliten a información para dar as nais e pais, a día de hoxe no colexio nº3 seguen agardando esa información ¿a gardan para as amizades, dado o limitadas das prazas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario