Compartindo un día coa natureza, de ruta polo Xabriña

O pasado día 14 de outubro un pequeno grupo de 30 membros da comunidade educativa do colexio número 3 de Ponteareas, facendo fronte  a chuvia que caía nas primeiras horas da mañá, trasladáronse o concello veciño  de Covelo onde eran agardados por un membro da comunidade de Montes de Paraños, xunto a un membro do departamento de turismo do concello para realizar a visita guiada o lagar e museo de cera.
Sendo despois guiados pola traballadora do concello polas fermosas paisaxes que nos brindan os montes de Paraños pola ruta do Río Xabriña. 
Desde a executiva da Anpa agradecen tanto o concello de Covelo como a comunidade de montes de Paraños que se volcasen coa Anpa do colexio atendendo a todas as súas peticións inclusive o de poder viaxar ó pasado, poñendo  a funcionar estes un muíño, onde os asistentes puideron apreciar como era o seu funcionamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario