A Anpa PENA DO EQUILIBRIO solicítalle o concello que faga efectiva a débeda que mantén coa Anpa .

Unha vez mais a  Anpa solicita o Concello de Ponteareas vía rexistro que cumpra coas súas obrigas e faga efectiva a débeda de 900euros que mantén coa Anpa do colexio nº3. Débeda contraída polo concello o non pagar as axudas correspondentes a participación durante os anos 2011 e 2012 na elaboración das alfombras florais de Corpus, como si fixo cos demais alfombristas.
Ante as varias negativas do concello, a Anpa solicitou vía rexistro unha copia escrita do regulamento no que se basan para o reparto económico  para axudar economicamente  os alfombristas, sen haber obtido resposta, o que fai que desde a executiva da Anpa comecen a dubidar da existencia destes o que desemboca nun reparto fraudulento dos recursos económicos do Concello.
Desde a executiva tamén non dubidan en tildar de auténtico fraude a actitude dos partidos da oposición quen a dia de hoxe aínda non se pronunciaron e non esixen explicacións por estes feitos sendo así cómplices desde tipo de accións, producíndose estas nun momento no cal se calcula que a débeda do concello pode ascender a 18 millóns de euros, o cal non e de estrañar cando o reparto de recursos económicos realizase sen un regulamento previo.
Desde Anpa A PENA DO EQUILIBRIO non dubidan en recomendarlle o Alcalde Salvador González coma o concelleiro de Cultura Andrés Sampedro que despois de varios anos amosándonos a súa incapacidade para estar a fronte do goberno local que se de verdade lles preocupa Ponteareas deben de presentar a súa dimisión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario