A executiva da Anpa a Pena do Equilibrio presenta un informe de deficiencias de seguridade do centro.


A Anpa a Pena do Equilibrio presentou o pasado día 22 de setembro vía rexistro de entrada do concello un informe de deficiencias de seguridade do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA, onde algunhas das deficiencias que presenta o centro véñense denunciando ante a concellería de educación desde xa varios anos, polo que desde Anpa non dubidan en denunciar o abandono  que veñen padecendo  as instalacións do centro.
Desde a Anpa tildan de escándalo algunhas deficiencias como as que presentan o parque de infantil, que desde a súa construción presentou problemas chegando a estar estas incluso precintadas no seu primeiro ano de vida, obra realizada no famoso PLAN E, e que 5 anos despois segue nas mesmas condicións.Na mesma situación atópase o patio cuberto de infantil que carece de protección nas columnas que hai no seu interior.
Desde a executiva da Anpa lamentan a falta de inversión e interese do Concelleiro de educación polas instalacións do centro, xa que as deficiencias que presenta o centro van aumentando cada ano, como os problemas que presentan o acesos o pavillón de deportes na proximidades do aulario de infantil onde nos atopamos con baldosas soltas e o chan levantado.
Desde a Anpa non dubidan en destacar, e como así tamén fixéronlle chegar o concelleiro Andrés Sampedro no último consello escolar que o tellado do centro presenta graves deficiencias o apreciarse anacos de tellas nos canles de desaugadoiro do tellado do colexio, solicitando que se envíe persoal a retirar os cascotes das tellas rotas xa que co mal tempo poden chegar a caer nas zoas de transito de nenos.


X21_54_finalpax.14

No hay comentarios:

Publicar un comentario