A ANPA A PENA DO EQUILIBRIO RECOLLE FIRMAS PARA QUE SE INSTALE UN PASO DE PEÓNS NO ACCESO O COLEXIO


Ante o caso omiso por parte do goberno local ás solicitudes da Anpa,  a executiva inicia unha campaña de recollida de firmas entre a comunidade educativa do colexio nº3  para que se instale un paso de peóns na estrada de acceso ó centro.
Desde a executiva da Anpa lamentan ter que recorrer a estas iniciativas para solicitar unha cousa de obrigada instalación, o tratarse da seguridade das alumnas e alumnos dun colexio de infantil e primaria, seguridade que vese reducida  polo tránsito elevado de vehículos nas horas de entrada e saída do centro.
Desde a executiva declaran estar reclamando desde xa hai varios anos a presenza dun axente da policía que axude a axilizar o paso dos vehículos nas horas de alta concentración de tráfico no acceso ó colexio, xa que tamén hai un elevado tránsito de nenos, que se desprazan a pé o colexio. 
Desde a executiva tamén queren sinalar que a falta de aparcadoiro nas inmediacións do centro, fai mais que necesario que se habilite unha zoa de aparcadoiro. Desde a Anpa tamén vense  reclamando a necesidade de marcar unhas prazas de aparcadoiro para aquelas nais e pais  que teñen problemas de mobilidade reducida acreditada, que ven agravada  a súa situación o non poder aparcar nas inmediacións do centro, todo isto a pesar de estar regulado  por lei a instalación de prazas de minusválidos nas inmediacións dos edificios públicos. Obtendo como resposta do concello a instalación de dúas prazas de aparcadoiro de minusválidos no interior das instalacións do centro  a pesar de non estar permitido a entrada de vehículos nun recinto escolar, sendo o CEIP MESTRE RAMIRO SABELL, un dos poucos centros onde o aparcadoiro dos  vehículos dos mestres e  o aparcadoiro dos Autobuses atópanse no interior do recinto escolar, obrigando ós mestres a vixiar a baixada e subida dos nenos nos autobuses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario