O colexio nº 3 de Ponteareas recibiu a visita do ponteareán, dobre medallista nos xogos paraolímpicos de Londres 2012 Jose Enrique Porto Lareo.


O colexio Mestre Ramiro Sabell Mosquera comezaba   o dia cun ambiente pragado de nervios e emoción para recibir a visita de Chiño como así o coñecen os seus seres queridos e amigos da infancia, aquel pequeno ponteareán amante do ciclismo. Deporte que vía como un reto imposible debido  unha deficiencia visual que padece de nacemento. Pero Jose Enrique Porto Lareo non se rendeu e froito da súa perseveranza levárono a alcanzar unha medalla de prata e outra de bronce nos pasados xogos paraolímpicos de Londres.
Os alumnos do centro non vían o momento de achegarse a Chiño, para preguntarlle pola gran proeza  alcanzada e tamén poder tocar as dúas medallas, vendo a chiño como un dos seus grandes heroes, e que conseguiu levar sen axuda ningunha o nome Ponteareas a o mais alto do OLIMPO.
Desde a comunidade educativa do colexio Mestre Ramiro Sabell Mosquera  quixeron renderlle os honores que todo campión merece na súa localidade natal, acollida  que desde corporación municipal non lle ofreceron, tanto a dirección do centro como a Anpa do colexio fixeron entrega duns humildes detalles, que xunto a espectacular acollida que lle brindaron nenos  a chiño, agardan haber  estado a altura que todo un campión merece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario