A ANPA PENA DO EQUILIBRIO TILDA DE INSULTO O ESCRITO ACHEGADO POLO CONCELLO DESPOIS DE DOUS MESES DA FESTIVIDADE DE CORPUS, NEGÁNDOLLE TODA POSIBLE SUBVENCIÓN POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO POLA ELABORACIÓN DUNHA ALFOMBRA FLORAL NAS FESTAS DE CORPUS.


Pasados dous meses da festividade de Corpus, o concello comunícalle a anpa a PENA DO EQUILIBRIO que non vai recibir ningún tipo de axuda económica por participar na elaboración dunha alfombra floral na festividade de Corpus, desdecíndonse do que no seu día comunicaron os medios de comunicación como así saíu publicado nos dias previos a festividade en varios medios de comunicación.
Desde a executiva da anpa lamentan a aptitude mentireira do goberno local dirixido polo alcalde Salvador González Solla, lembrándolle que esta aí para representar a cidadanía e non os seus propios intereses mofándose dos cidadáns os que ten que representar.
Desde a anpa a Pena do Equilibrio tamén lamentan que os partidos da oposición non exisan explicacións do reparto dos orzamentos públicos destinados a axudas para a elaboración das alfombras florais xa que desde a anpa presentáronse varias solicitudes para poder ter aceso o regulamento que rixe o reparto de axudas económicas para a elaboración das alfombras florais na festividade de corpus.
O pasado 8 de xuño saía publicado na prensa unha entrevista o Sr. Alcalde Salvador González Solla onde se podía ler:
EL CORPUS VA A MÁS. LA PARTIDA QUE SE DEDICA ESTE AÑO A LA CONFECCIÓN DE ALFOMBRAS VA A PASAR ESTE AÑO DE LOS 20000 EUROS. CADA ALFOMBRA RECIBE 300 EUROS Y A PARTE, SE LES DA OTRA CANTIDAD PROPORCIONAL A LOS METROS CUADRADOS DE ALFOMBRADO”.
Desde a executiva da anpa esíxenlle o concello unha copia do regulamento polo que se rixe o reparto de axudas económica para a elaboración das alfombras florais de Corpus ou no seu defecto que se faga efectivo o pagamento de 900 euros correspondentes as alfombras elaboradas nos anos 2011 e 2012.


Entrevista de Corpus o Alcalde Salvador Gonzalez Entrevista Andres Sampedro Resposta Concello Alfombra 26_07_2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario