A ANPA A PENA DO EQUILIBRIO PRESENTA CON DATA DO 28 DE XUÑO UNHA MOCIÓN O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA QUE SE APROBEN LIÑAS DE AXUDA PARA COFINANCIAR OS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLAS ANPAS.


Desde a executiva da anpa lamentan a total falta de apoio do goberno local de cara as familias usuarias do comedor escolar do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, motivo polo cal a día de hoxe é o único comedor escolar xestionado por un anpa en todo o concello de Ponteareas.
A realidade social na que vivimos, a situación de crise económica que padecemos ante as cales están repercutindo na sociedade coas continuas reformas económicas e laborais recortando dereitos sociais, repercutindo coma sempre no eslavón mais débil da sociedade a clase traballadora: despidos mais baratos, baixada salarial, perda de poder adquisitivo, mais mobilidade xeográfica...., fan agora mais que nunca obrigatorio a implantación de servizos complementarios no sistema educativo, servizos como os comedores escolares.
Desde a anpa destacan que o comedor escolar e un servizo complementario da educación necesario para poder conciliar a vida familiar coa educación dos fillos e que ten a obriga de dar unha resposta axeitada a sociedade en condicións de máxima igualdade.
Despois dos múltiplos recortes na educación agora hai que engadir os 500000€ que recortou o goberno da Xunta na partida orzamentaria destinada a cofinanciar os comedores escolares xestionados polas ANPAS, o cal motivou a anpa a PENA DO EQUILIBRIO a presentar unha moción para que no pleno do concello de Ponteareas apróbese unhas liñas de axudas para cofinanciar os servizos complementarios da educación como son os comedores escolares, para os cales a día de hoxe non destina nin un so euro, a pesar que con esta medida poderíase garantir o mínimo nutricional naquelas familias mais desfavorecidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario