Banco de Alimentos

A anpa a pena do equilibrio fixo entrega no día de hoxe o responsable do Banco de Alimentos de Ponteareas os alimentos recollidos na festa de fin de curso celebrada o pasado día 20 de xuño.Desde a anpa lamentaron a falta de persoal de dita organización e mesmo así valoran de positiva a solidaridade dos que se achegaron ata alí, conseguindo encher dous carros.Desde a executiva  non descartan repetir dita actividade para o vindeiro curso, xa que a situación de crise esta levando a moitas persoas a necesitar da labor destas organizacións.Desde a anpa tamén non dubidaron en calificar de lamentable a actitude das administracións polo escaso por non dicir nulo o apoio as persoas con mais necesidade. Desde a executiva da Anpa a PENA DO EQUILIBRIO, teñen solicitado colaboración o concello para que asuma o custe dos menús de aqueles nenos pertencentes a familias con poucos recursos, xa que sería unha forma de garantir que unha das comidas en condicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario