A anpa a pena do equilibrio renova contrato co CATERING ARELAS

A anpa a pena do equilibrio renova contrato co CATERING ARELAS, e así continuar co
proxecto iniciado fai dous anos onde ARELAS colaborou en todo momento coa anpa
poñendo todos os medios necesarios para conseguir regularizar o comedor escolar do colexio no 3 de Ponteareas.
Compre destacar que a anpa A PENA DO EQUILIBRIO ven ofrecendo este servizo desde finais do ano 2008, ano no que o goberno bipartido adxudicou a xestión dos comedores escolares as anpas e un ano 2008 no que foi inaugurado o novo pavillón onde está ubicado o aulario de infantil xunto co comedor do centro, destacando que o comedor foi inaugurado sen cumprir todos os requisitos xa que non cumpría co proxecto presentado,xa que o proxecto presentado era un comedor con cociña e as instalacións foron entregadas sen a cociña rematada o carecer esta de mobiliario inclusive sen mobiliario mínimo para garantir a seguridade e hixiene das instalacións, mobiliario que non dubidou en cedelo o CATERING ARELAS e así regularizar o servizo de comedor escolar.
Desde a executiva da anpa amósanse satisfeitos tras o acordo alcanzado o haber acordado unha pequena rebaixa no custe do menú para o seguinte curso, onde tamén ambas partes non dubidan en recoñecer a situación crítica que están vivindo algunhas familias, lamentando o escaso ou nulo apoio das institucións, desde as cales podían sufragar os menús daquelas familias con menos recursos, xa que esta sería unha maneira de garantir un mínimo nutricional para a algunhas familias que loitan por sobrevivir neste mundo de egoísmo e ambición.
Desde a anpa lamentan a falta de interese das institucións polos cidadáns o irse desfacendo da xestión dos servizos claves para conciliación familiar, destacando que a dia de hoxe este e o único colexio de Ponteareas que posúe comedor escolar nesta modalidade, habendo outros centros na vila e arredores que desistiron de ofrecer este servizo derivado do gran esforzo que implica para as Anpas. Perigos de impago sen apoio legal das institucións, horas e horas de dedicación a xestión (control de comensais, cobros, control e verificación das instalacións,etc...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario