ALUMNOS DO COLEXIO Nº3 DE PONTEAREAS VISITAN O PARQUE DA NATUREZA OS TRES REINOS NO CONCELLO DA MEZQUITA EN OURENSE.

Pais e fillos do Colexio Ramiro Sabell de Ponteareas participaron na excursión organizada pola Anpa a Pena do Equilibrio o PARQUE DA NATUREZA OS TRES REINOS, onde os mais pequenos puideron gozar das tirolinas, da ponte tibetana e dar renda solta o spiderman que levan dentro dando unhas clases maxistrais de escalada os adultos, os cales tremíanlles aspernas o comezar a subir o rocodromo duns oito metros de altura.

Entre tremores de pernas e subidóns de adrenalina os adultos o borde da taquicardia non conseguían dibixar o final do dia mentres os mais pequenos emulando a figura cinematográfica INDIANA JONES non dubidaban unha e outra vez en escalar os oito metros de rocodromo para despois deslizarse pola tirolina.

Desde a anpa lamentan a falta de colaboración do concello que este ano negoulle o poder facilitar autobuses para así poder facer mais adsequible a todo o mundo a excursión.

Desde a anpa tamén destacan que por segundo ano consecutivo participaron na elaboración dunha alfombra na festividade de Corpus, facéndose cargo dos gastos surxidos en todo o transcurso da elaboración da alfombra sin ningún tipo de axuda por parte do concello a pesar de que os medios de comunicación de gran tirada non dubidaron en publicar as Grandes mentiras do concello, publicando que o concello pagaba 300€ por alfombra e 3€/m2 de alfombra elaborada, compre dicir que a anpa A pena do Equilibrio non lle pagaron ningún dos dous anos e a pesar disto ningún medio de comunicación publicou a corrección.

Desde a anpa tachan de despreciante a falta de respecto do concello que ni foron quenes de convidar a ANPA A PENA DO EQUILIBRIO o acto de entrega de medallas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario