Venres 18 todos o concello



Os membros da executiva da Anpa vos queremos animar a apoiar este venres a manifestación dos compañeiros do Bouza Brey, para que poidan corrixir todas as deficiencias nas que se atopan as instalacións na que estudan os seus fillos, tamén polo grave problema que se pode apreciar en todo o concello a masificación dos centros que fai cada vez mais necesaria a creación dun novo CEIP, xa que como podemos apreciar no noso centro as ampliacións son pequenos parches que eluden a realidade, apiques de cumprirse dous anos da inauguración do novo aulario do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL podemos ver coma estamos nos 400 alumnos con clases de 27 alumnos o que esta no limite legal.As consecuencias da ampliación tamén afecta os nosos fillos, que ven reducidos os espazos de esparcemento, e o mais importante a calidade da educación dos nosos fillos aumentando a cantidade de deberes para casa para poder cumprir co temario do curso. 
Porque o que esta en xogo e a educación dos nosos fillos todo aquel que estea en disposición de acudir que non o dubide.
Porque nos debemos a un ensino público de calidade ÚNETE E LOITA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario