A ANPA A PENA DO EQUILIBRIO pide a dimisión






Dende a ANPA A PENA DO EQUILIBRIO pedimos a dimisión do xefe territorial de educación que  atrevese a calificar de incoherente a construción dun novo CEIP en Ponteareas, os membros da executiva da ANPA o que calificamos de incoherente e actitude de este señor, que dous anos despois de comezar a usarse o novo pavillón no CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA segue carecendo de mobiliario do comedor, non só mobiliario se non que tamén falta a documentación conforme esta apto para este servizo.
Sr. Cesar Pérez Ares, sabías que:

1 O que realmente e incoherente e que os políticos desta comunidade que esta a cola de España en salarios e pensións, teña a súa clase política entre os mellores pagados do país.
2 O que realmente e incoherente e que esteamos nunha das comunidades con mais coches oficiais de todo o estado.
3. O que realmente e incoherente e que o goberno da XUNTA ante a necesidade de mobiliario de comedor do Ceip Mestre Ramiro Sabell,  o grave deterioro das instalación do Ceip Fermín Bouza Brey decida gastar os cartos do contribuínte en organizar un concerto da Sra. Amaia Montero.
4. O que realmente e incoherente é que o comedor do CEIP  MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA non ten mobiliario e a Xunta teña pensado gastar 500€ por cada cadeira da cidade da cultura.
5. O que realmente e incoherente é que tanto a XUNTA coma o concello non asuman as labores de limpeza da zoa do comedor do CEIP  MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA, despois de haberlle cargado a xestión do servizo de comedor  as ANPAS.
6. O que realmente e incoherente é que a clase política deste país se gaste una burrada de cartos en campañas electorais para obter un cargo público, e despois levan os seus fillos as escolas privadas.
7. O que realmente e incoherente é que ante o panorama escolar do concello de Ponteareas o xefe territorial de educación diga estas lindeces os medios de comunicación e non sexa cesado.
8. O que realmente e incoherente e que a consellería de educación considere un pasillo como área multiusos. Por este motivo se fora coherente a súa actitude debería presentar a súa dimisión hoxe mesmo.
9. O que realmente e incoherente e que se temos tan boas instalacións nas nosas escolas que a maioría dos membros da corporación municipal leven os seus fillos a colexios privados. Poden matricularse no Ceip Fermin Bouza Brey e beneficiarse das  fabulosas instalacións que posúen.
10. O que realmente e incoherente é que un cargo político se queixe de que unha asociación este politizada, Sr. Ares a xestión dunha asociación non deixa de ser un traballo político sen ter en conta que a ideoloxía política ten que ser un acción libre, a pesar de que vostede non o pense, xa que se simpatizara coas súas siglas non se queixaría.


      Sr. Cesar Pérez Ares lémbrese de que cando gobernaba o bipartito, abrímoslle as nosas portas e daquela non tiña problemas en que estiveramos politizados, é mais facilitámoslle datos para que expuxera  o tema do comedor no parlamento, e nos prometeu que con vós a xestión dos comedores escolares sería da Xunta. Ante a falta de credibilidade da súa palabra os membros da Anpa a Pena do Equilibrio queremos a súa dimisión e que retire da paxina web da xunta (que a pagamos nos tamén) esa nota de prensa onde chea de mentiras.

S.r Cesar Pérez Ares o luns teremos unha comida o aire libre para que Galiza enteira vexa as nosas instalacións, clases nos pasillos, clases nos pavillóns, un comedor sen cociña e outras cousas…como primeira medida de protesta, se vostede non rectifica, veremos obrigados a tomar unha segunda medida, que vai ser tan impopular para vostede e para o goberno que representa que se acordará de por vida, recorde como acabou o anterior goberno, o que vd nos dicía que non sabían por onde andaban.

Esperando que vd reflexione, xa que un bo político e aquel que negocia e non verte mentiras nos medios de comunicación sobre todo cando goberna, dámoslle unha nova oportunidade de dialogo por que nos sabemos que a veces os nervios traizoan a un, e sobre todo na administración custa moito asumir un erro de xestión, da súa xestión.

Recorde o que nos dixo aquel dia no concello de Ponteareas, nas súas mans esta de querer ser mais coñecido en Galiza, ou non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario