A Anpa do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera convoca un acto de protesta o aire libre.




A ANPA “A pena do equilibrio” quere denunciar a situación que se esta a padecer no comedor escolar por mor da falta de limpeza, tras de esgotar todalas vías de comunicación, tales como escritos dirixidos as partes implicadas(Xunta e Concello) e ter entrevistas persoais( Alcalde Gonzalez Solla) donde verbalmente se comprometeron a limpar o comedor, a dia de hoxe son as nais e pais quenes asumen a limpeza.
Por outro lado a consellería de educación adeuda as nais e pais, usuarios do comedor, mais de 2000€ en concepto de  axudas para o co-financiamento dos servizos de comedor escolar (xestionados pola asociacións  de nais e pais de alumnos/as de centros públicos).


Tamén queremos denunciar que no vindeiro curso o noso centro volvera a estar nunha situación limite, como a de hai dous anos,con case preto de 400 alumnos. Por outra banda queremos reivindicar que o comedor escolar fagase cargo a administración.Unha administración que nos afoga na xestión do mesmo o deixarnos desprotexidos e sen ningunha lexislación para o cobro dos menús, que algúns pais non poden facer cargo ante a situación de desemprego que están a vivir por mor da crise.

Por todo o citado anteriormente o vindeiro luns, dia 21 de Xuño a ANPA “A pena do equilibrio”  fai un acto de protesta  o aire libre, onde os nenos comeran no patio do colexio, agradecendo desta forma a limpeza do comedor.

A ANPA “A pena do equilibrio” convida a tódolos medios de comunicación a acudir a protesta onde se lles informara dos nosos problemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario