A Anpa do CEIP Mestre Ramiro Sabell fai un chamamento a todos os país a apoiar a folga do sector publico

Os membros da Anpa A PENA DO EQUILIBRIO fan un chamamento a todos os pais a apoiar a  folga do vindeiro 8 de xuño, xa no só polo atentado que supón o recorte salarial dos traballadores do sector público, xa que non todos cobran cantidades desorbitadas, senón que hai un gran numero deles que cobra por debaixo dos mil euros.
A pasividade da sociedade nestes temas pode dar lugar a o recorte de servizos, imaxínaste ter que pagar por ir o médico, por levar os teus fillos a escola, quen tería acceso a estudar, isto implicaría un aumento sustanciable da diferenza das clases sociais.
Porque debemos loitar contra o recorte social movilizate, o día 8 de xuño contan coa noso apoio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario