Acto protesta polo comedor do Ramiro Sabell

Dende a Anpa a Pena do Equilibrio denuncia públicamente a actitude da Consellería de Educación,  querendo  prohibir o acto de protesta, a pesar de ser fora do horario escolar. Dende a anpa lamentamos a actitude gansteril dunha consellería , que non e capaz de rematar un comedor, e dicirllesque non vamos parar ata que nos poñades un comedor en condicións.
Dende a Anpa a pena do equilibrio queremos dicirlle a consellería de educación mais o xefe territorial de educación que o que realmente e incoherente e actitude desta consellería, señores incoherentes o que pedimos e que se remate as instalacións do comedor (mobiliario de cociña), e que o concello asuma as súas responsabilidades e limpe este pavillón.
A executiva da Anpa do Ceip ramiro Sabell tamén quere  felicitar a colaboración de todos aquelas nais e pais que autorizaron os seus fillos a participar no acto de protesta e se mantiveron firme ante as presión da conselleria por boikotear o acto, tamén agradecer o apoio das anpa dos CEIP Fermin Bouza Brey e o IES Val do Tea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario