Invitación da FANPO

Os membros da executiva da Anpa, queremos comunicarlle a todos os socios que fai un par de meses mantivemos un encontro co presidente da FANPO, xa que mostraba gran interese pola unión de todas as anpas, animándonos a volver pertencer a Fanpo, os membros asistentes aclaráronlle as posturas de non pertencer a este organismo, xa que en tempos pasados esta federación supuxo mais un obstáculo que una axuda para as reivindicacións das anpas, ben porque parte da executiva da FANPO  estaba vinculado cun dos partidos que gobernaba na xunta ou por incompetentes, eles saberán o motivo. Tras aclarar una serie de puntos comunicámoslle que dende a ANPA A PENA DO EQUILIBRIO non temos problemas en pertencer a FANPO sempre e cando sexa una organización que traballe para a calidade do ensino público, tamén lle pedimos que para ver a súa actividade teriamos que asistir a algunhas das súas asembleas xa que actualmente parece inexistente, e una vez comprobado a súa actividade someteríamos en asemblea o de pertencer a esta organización ou non. Na pasada semana recibimos una invitación por parte da FANPO a unirnos a federación, a cal nos vimos na obriga de descartar xa que non foi o acordado co Presidente desta federación. Dende a ANPA A PENA DO EQUILIBRIO nunca descartamos volver ter relación coa FANPO sempre e cando sexa un organismo que traballe, e non antepoña os intereses políticos os dos colexios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario