Solución para o FERMIN BOUZA BREY

Dende a ANPA A PENA DO EQUILIBRIO facemos un chamamento a todas  nais e país do CEIP Ramiro Sabell Mosquera a apoiar a concentración convocada polo ANPA FERMIN BOUZA BREY,  o vindeiro venres 4 de xuño as 9:30 da mañá diante da casa do concello, xa que as instalacións do centro non lle realizan o mantenemento, atopándose esta nunha situación calamitosas e como podemos apreciar  no seu blog , algunhas fotos do centro http://anpabouzabreyponteareas.blogspot.com/, , a pesar de todo isto estase barallando a idea de ampliar o centro convertendo nun macrocolexio co que iso significa para  a calidade da educación. Unha idea de ampliación que compre lembrar que puxo na mesa o anterior goberno da xunta (O BIPARTITO). Temos que facer un pequeno esforzo, é asistir xa que pode que pase o mesmo a todos os colexios do concello. Como puidemos apreciar na prensa destes días e ante a gravidade da situación escolar en todo o concello de Ponteareas , atopándose a maioría dos centros a borde da masificación,  a lamentable situación do CEIP FERMIN BOUZA BREY, e a pesar de ser  un dos concello con maior aumento de poboación infantil de toda Galicia, a Xunta nos deixa fora da partida presupostaría para mellora de centros de Vigo e arredores (http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/26/00031274887471359841448.htm). Non esquezades que podían ser os vosos fillos os que estudaran no COLEXIO Nº2, e que a necesidade da construción dun novo centro de primaria e cada vez mais evidente e que a masificación dos centros  repercute na calidade do ensino que reciben os nosos fillos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario