Valoración dunha folga nacionalista

Dende a ANPA A Pena do equilibrio temos que lamentala actuación do sindicato CIG, os cales convocan una folga de Mestres polo decreto do Galego, onde non se conta coas maiores vítimas que  son os estudantes,  xa que como membro da executiva dunha asociación de nais e pais non tiven constancia de que quixeran contactar coa nosa asociación nin con outras desta vila, sen pensar nos pais traballadores que non teñen con quen deixar os fillos agás na escola, xa que a  forma de comunicar esta xornada de folga consistiu no día previo, no envío dunha nota introducida na mochila dos nosos fillos.
¿Este sindicato valorou a idea de que habería pais que apoiarían as protestas polo novo decreto?, son os nosos fillos os que realmente  pagan as consecuencias das reformas do ensino,  a culpa de que o PP estea no goberno foi  da  xestión caciquil do goberno PSOE-BNG, este último vinculado co sindicato convocante.
¿En que lles afecta laboral-mente os mestres para facer unha folga?¿non afectara mais no resultado académico  dos alumnos?¿ non habería mais afluencia de xente se fixesen manifestación nas grandes cidades de Galicia, nun horario que permitan asistir os cidadáns de clase traballadora?

1 comentario:

  1. Pois na nosa escola nin sequera lles deron un papeliño ós rapaces...
    Algúns mestres e mestras limitáronse a dicirlles ós nenos se ían acudir a clase ou non. Outros nen sequera tiveron ese detalle.

    ResponderEliminar