O plan E, e o ensino publico en Ponteareas

Fai unha semana puidemos ver o delegado do goberno Antón Louro de visita no noso concello, coa caradura de falar marabillas das obras do plan E e os seus beneficios para a vila, o que este personaxe descoñece e que esas obras  coas primeiras choivas puidemos apreciar en  varios puntos afundimentos da calzada, o mais relevante a altura do xulgado, en  terminos de emprego a taxa de paro no concello no deixou nunca de medrar. Despois de todo isto temos que lembrar o grave problema no comezo do curso no instituto do Barral, a grave situación de mantenemento do CEIP BOUZA BREY o cal queren amplialo co que se converterá nun macrocolexio co que repercutira na calidade do ensino neste colexio.
No concello de Ponteareas  vimos padecendo a falta de inversión no ensino publico, co falta de mantenemento das instalacións e a carencia de persoal de limpeza que afecta a todos os centros.
No CEIP RAMIRO SABELL, que estamos preto de chegar de novo a masificación das aulas cando so fai dous anos que estreamos o novo aulario,  a día de hoxe carecemos de mobiliario de cociña no comedor,  e a consellería de educación fai oídos xordos ante as nosas reclamacións, tamén temos que lamentar o comportamento do concello que desenténdense da limpeza do aseo que esta na zoa compartida do comedor, a pesar de que por lei lles corresponde xa que os aseos e un servizo que da o edificio, aínda que tamén non realizan as limpezas do comedor cando este e usado para outras actividades. Cando tiñamos que estar loitando pola construción dun novo CEIP, temos que andar a  loitar polo falta de inversión no ensino publico do cal deben de estar os colexios privados frotándose  as mans.

No hay comentarios:

Publicar un comentario