Encontro con membros da ANPA BOUZA BREY

O pasado día 28 de xaneiro, una comisión da executiva da ANPA A PENA DO EQUILIBRIO asistimos a un encontro con membros da ANPA BOUZA BREY,  onde podemos valorar o grave problema de abandono de inversión no ensino público, a limpeza e un mal común de ambos centros e habendo interposto as  debidas reclamacións o Concello, como responsable deste tema, e vendo que  non se da solucionado, nos conduciu  a falar de que a curto prazo debemos valorar a idea de iniciar mobilizacións para corrixir o problema.
No CEIP Ramiro sabell que vimos padecendo o problema da limpeza dos aseos do novo aulario, xa que os que están na zoa do comedor o concello desentendese da súa responsabilidade a pesar de que ten a obriga de facelo por ser un servizo que ofrece o edificio, tamén desentendese do resto do local do comedor a pesar de que en ocasións estase a usar para realizar actividades independentes da do servizo de comedor. Tamén compre dicir que estamos a funcionar cun comedor que carece de mobiliario de cociña o cal e responsabilidade da xunta actualmente nas mans do PP, que parece practicar a mesma política que o concello de Ponteareas, o silencio.
No segundo curso que levamos dende a inauguración do novo aulario, temos que dicir que xa estamos o borde de novo de acadar a masificación, non estamos xa nese punto xa que hai cursos que ainda teñen sitio, pero noutros están xa o limite, o que fai cada día mais evidente a necesidade dun novo CEIP en Ponteareas

No hay comentarios:

Publicar un comentario