Solidaridade cos alumnos e os país dos alumnos do C.E.I.P. BOUZA BREY.



Dende a ANPA A PENA DO EQUILIBRIO nos facemos eco da lamentable situación que denuncian os país dos alumnos do COLEXIO BOUZA BREY, e nos solidarizamos coa súa causa, e compre lembrar que a situación do ensino público ponteareán vai en declive, a necesidade dun novo centro público de primaria faixe cada día mais evidente a pesar de que os gobernantes eluden o tema propoñendo ampliacións dos centros existentes, remendos ocasionais para saír do apuro deteriorando a escola pública con macróceros saturados de nenos, e sen espazos de lecer o aire libre  porque estes espazos foron usados para as ampliación.
¡NECESITAMOS UN NOVO CENTRO PÚBLICO DE PRIMARIA XA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario