Curso 2009/10 coa gripe A (N1H1)

Dende a Anpa a Pena do Equilibrio denuncia publicamente a hipocresía e ineptitude do goberno da Xunta (PP), comezado o curso 2009/10 a Xunta ven de proporcionar un protocolo sobre hixiene para a prevención da gripe A(N1H1), mentres seguimos tendo carencias no servizo de limpeza, tanto en persoal como a maquinaria para o desenvolvemento destas tarefas.
O rematar o curso pasado, nunha entrevista co Sr. alcalde, este nos prometeu dobrar o persoal de limpeza, o cal a día de hoxe aínda non apareceron.
Cun plantel de dúas persoas para limpar un colexio cun aforo de 360 nenos/as, nos prantexan unhas normas a seguir para a prevención e non propagación da GRIPE A, no cal indica que deben limparse os aseos cada dúas horas, ¿ quen o vai limpar?
A asociación de nais e pais reclamamos que se poña fin a esta situación de insalubridade, despois de dous días de clase, a hixiene dos baños e lamentable, non entendemos que dende a XUNTA se estean a encher a boca co protocolo de actuación da GRIPE A e o noso centro
estea nestas condicións. Ante esta situación prantexamos, que se nos vindeiros días non se arranxan estes problemas, será sometido a votación nunha asemblea de nais e pais a opción de suspender as clases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario