As declaracións da FANPO na VOZ DE GALICIA

Anpa Mestre Ramiro Sabell Mosquera comunica que por mor da nota de prensa publicada hoxe na voz de Galicia, lamenta profundamente as declaracións do presidente da FANPO.
Esta ANPA recórdalle que non pertencemos a esa asociación chamada FANPO e que a posición desta ANPA Mestre Ramiro Sabell Mosquera desde fai catro anos é que os terreos deberían ser expropiados, negándonos sempre a calquera negociación.
Segundo as súas declaracións volve insistir que debe de haber unha negociación por que a expropiación levaría moito tempo, pois ben, se esta fíxose en tempo e forma a día de hoxe, xa tivésemos o novo Instituto, os accesos e algo mais.
Unha vez mais un presidente volve utilizar os mesmos termos e argumentos que no seu día os catro partidos da corporación aplicaron coa chapuza do convenio urbanístico do barral, recalificando chan rustico por urbano, aproveitándose esteas dos problemas nos centros e da mobilización dos\as pais e nais para facer o seu negocio.
Para a nosa ANPA a solución segue sendo a mesma de fai catro anos,expropiación.
Pedímoslle ao presidente de devandita asociación que defenda os problemas reais da comunidade educativa, e se non é capaz de atender ás súas funcións o mellor é que dimita, polo ben do resto da comunidade educativa.
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/09/16/0003_7973114.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario